O Tomate Negro de Santiago é unha variedade de tomate autóctona de Galicia, tradicionalmente cultivado na comarca de Santiago. Esta variedade estaba practicamente extinguida e o seu cultivo reducido a uns poucos hortos familiares ata que no ano 2009 foi recollido polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña), pertencente á Xunta de Galicia, para a conservación e multiplicación da súa semente.
É un tomate redondeado e lixeiramente achatado, asurcado, e que na súa madurez presenta unha cor vermella escura, cos ombreiros verdes. Ten un peso medio de 150 gr e un calibre medio entre G (67-82 mm) e M (57-67 mm).
É unha variedade estacional cuxos froitos podemos degustar exclusivamente no verán, máis concretamente no mes de xullo no cal as prantas de tomate comezan a producir pezas de aproximadamente uns 130 gramos, de tamaño medio e cor entre vermella oscura e verdosa.
O consumo principal do tomate negro de Santiago realízase principalmente en fresco, como tomate de mesa, pero é apto para outros usos como a preparación de salsas ou marmeladas ou para conservas.
Tomate negro de Santiago con ventresca, crema de verduras asadas e crocante de Broa. Elaboración de Miguel Mosteiro, de Gastrolab Arousa. |
Área histórica de produción
Tradicionalmente cultivábase na zona de Santiago de Compostela ata case a súa desaparición.
Referencias históricas
Máis tarde, atopouse na horta dun particular dunha aldea de Miño chamada Leiro (A Coruña). Actualmente cultívase en toda Galicia e a súa semente está recollida polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) para a súa conservación e multiplicación.
Produtores asociados a Slow Food:
Horta da Lousa (Cerceda), Horta O Devalo (Mesía), Labrecos (Oza-Cesuras), Alcrique da Terra (Vilaboa), Horteamus (A Coruña), A Horta da Sancoveiga (Vilalba), A Horta de Casa de Baixo (Lugo), Asociación Raíña Paraíso (Vilasantar) e Entrelampo (Marrozos)
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com