A cociña de Rías Altas é actualidade e orixe. Aliméntase das cociñas de toda a vida, das nais que aprendían ás alancadas a cociña a lume lento, e á vez que alimentaban ás familias, creábase tradición. A súa mamá é Felisa e para eles representa toda esa cociña tradicional que naceu nas casas e nas cociñas de leña, cociña de autoras, cociña de sempre.
Cultivan con agarimo a terra e compran a provedores locais. Cren no seu produto, o de proximidade e o artesanal. Non entenden de présas para medrar e tampouco para degustalo.
Leitugas, amorodos ou mesmo patacas son recollidas case no momento en que se van a comer. Deste xeito garanten produto fresco, san e sen plásticos. Ocúpanse da crianza de porcos e galiñas en liberdade a base dos sobrantes da cociña e do millo cultivado na nosa terra. Como recompensa, regálanlles marabillosos manxares e ovos de amarelas xemas.
Gústalles o cheiro a mar, a sal. Adquiren peixe fresco directamente na lonxa, seleccionando os mellores produtos do día e ofrecendo así unha carta sempre dinámica, e sempre da mellor calidade.
Síntense orgullosos de transmitir de onde vén aquilo que nos alimenta. Humanizar unhas “fabas”, un vaso de leite, un toro de bonito ou uns percebes. Porque importa ver que hai detrás de todo iso, os esforzos por poñelos nos seus pratos e poñerlle cara ás persoas que os traballaron.
Felisa Varela é unha cociñeira de toda a vida. Representa toda esa cociña tradicional que naceu nas casas e nas cociñas de leña, cociña de autoras, cociña de sempre. A este concepto é ao que o Rías Altas (Barreiros-Lugo) chama "Cociña de Raíz".
Instagram: @mamafelisa_riasaltas
Transmitir aos/ás máis pequenas/os o amor polo noso, o respecto ao medio ambiente e ás tradicións. A todo isto é ao que lle chaman "Cociña de Raíz".
Hotel***Restaurante Rías Altas
Carretera General, 8bis. San Pedro de Benquerencia
CP. 27792, Barreiros. Lugo
Teléfono: +34 982 12 44 96
E-mail: hotelriasaltas@gmail.com
Web: riasaltashotel.com
Esperemos que vos guste e moito ❤
# cocinaderaíz
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com