Gústalles comer e beber, coidan a cociña tradicional, buscando novas propostas que parten do bocado e chegan ao prato.
Están orgullosos das súas orixes e non perden a oportunidade de modificar as texturas e as presentacións para ofrecer pratos atractivos e especiais para os seus clientes. No seu pequeno local tentan sorprender e ilusionar, catro mesas para gozar tranquilamente da súa oferta culinaria e unha carta variada dos viños, vermouts e licores que mais lles gustan.
Traballan con produtores locais que lles ofrecen materias primas de tempada e primeira calidade. Entenden o "Residuo 0" como unha obrigación ética e de sustentabilidade.
Ao fronte da súa cociña está Mar Orosa. Despois de traballar como axudante de cociña nun par de restaurantes do pobo, decide formarse na profesión e cursa estudos de gastronomía e restauración na veciña Tapia de Casariego.
A continuación traballa un ano como xefa de cociña no sector de colectividades, unha residencia de maiores con 150 prazas. Namórase dunha cociña con encanto como é a do Oviedo, e por tanto, aquí quédase. Confía no movemento e o coñecemento como evolución. Traballa co rigor dos clásicos, pero mantén o espírito glotón do que ambiciona sabores novos. O que lle importa como cociñeira é a suculencia, e como profesional a felicidade dos que á súa mesa sentan.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgfdRci4RURXYfJf02Hxa218q-97md9CTOHzg-R3BsC-Ht14yylOXmZf7pbmC1szOH6PdL-oK-3qdhbNDQY_h3MbINlydF9ClrqdROGxmVQih1z3vpAqe6oWM6i2MMsaqYKxm8r0SfKGOzVmmuIKZykTyE1ht7dixIRjBOmFXcnPsitrgN9MW4ECEJbUQ/w335-h400/DSC_2697.JPG) |
Mar Orosa cos seus socios, Lucía Trelles e Vicente Martín
|
Lucía é a que máis entende e se prepara para coidar a carta de viños, e Vicente encárgase, maiormente, da atención na sala
Contacto:
Amando Pérez 5, Ribadeo 27700
☏ +34 658 138 092 | ✉ restaurante@eloviedo.com
Horario:
Martes a Domingo de 11.30 horas a 15.00 horas e 19.30 horas a 23.00 horas
* Domingo e martes pechado pola tarde e luns todo o día
Web: eloviedo.com
@el_oviedo
👉 Carta 👈
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com