Iván Martínez Fuentes é un chef e educador social natural de Ordes e afincado en Vigo, que conta cunha ampla traxectoria profesional como educador social en centros de protección de menores e como cociñeiro en escolas da Xunta de Galicia.
Máis coñecido no ámbito gastronómico como @alpuntodeivan, non se define como un chef de alta cociña, senón como un chef de cociña saudable xa que o seu compromiso coa saúde pública supón a base da súas elaboracións culinarias. O seu traballo en rede co profesorado, as familias e o alumnado ten por obxetivos prioritarios transmitirlle ás novas xeracións hábitos alimenticios saudables e responsables co medio ambiente, e a concepción do comedor escolar como un espazo con gran potencial pedagóxico, de socialización e aprendizaxe de valores como o respeto, a integración da diversidade social e cultural e a protección social.
Instagram: @alpuntodeivan
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com