Aquí tedes a receita número 3: "Lacón de porco celta con tirabeques eco". Deixámosvos os pasos a seguir e os ingredientes precisos para a súa elaboración.
INGREDIENTES (para 200 comensais):
✅ 35 quilos de lacón fresco de porco celta.
✅ 12 quilos de tirabeques eco.
✅ 3 quilos de cenorias.
✅ 4 quilos de cabazas.
✅ 6 cabezas de allo.
✅ Sal ao gusto.
✅ Pementa negra.
✅ 2 dcl de AOVE.
✅ 1 culler de achiote ecolóxico en po.
PROCEDEMENTO:
Salpimentamos o lacón e colocámolo nunha bandexa de forno, coas cabezas de allo enteiras, as cenorias e a cabaza peladas e cortadas en anacos grandes. Asamos a 160 grados durante 3 horas.
Retiramos as verduras e colocamos unha tixola xunto co jugo do asado e o achiote. Cociñamos 20 minutos e trituramos. Pasamos por un coador e reservamos.
Limpamos os tirabeques e salteamos cun pouco de AOVE. Sazonamos.
Servimos o lacón cortado, salseado e guarnecemos co tirabeque.
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com