Aquí tedes a receita dunha elaboración moi nosa: "Empanada de lacón de porco celta con grelos de A Leira de Lola". Deixámosvos os pasos a seguir e os ingredientes precisos para a súa elaboración.

Esta receita incorpora dous alimentos que están dentro do proxecto da "Arca del Gusto" de Slow Food: a cebola de San Cosme e o porco celta.


INGREDIENTES (para 8 comensais adultos):

Para a masa:

✅ 1/2kg de fariña de trigo Caaveiro ecolóxica.

✅ 250gr agua de cocer o lacón 

✅ 100gr cervexa negra

✅ 20gr levadura

✅ Sal.


PROCEDEMENTO:

Amasamos e deixamos fermentar, mellor na neveira, dun día para outro.


INGREDIENTES:

Para o recheo:

✅ 400 gr de lacón de porco celta.

✅ 1 chourizo de porco celta.

✅ 2 cebolas de San Cosme.

✅ 1 manoxo de grelos.


PROCEDEMENTO:

Cocemos o lacón e reservamos a auga. Logo, escaldamos os grelos e pochamos a cebola. Estiramos a metade da masa e colocamos a cebola, o lacón picado, os grelos e o chourizo.

Tapamos coa outra metade da masa e pintamos con aceite. Forno a 180 media hora, pasamos a unha rejilla e 10 minutos máis de forno.