Aquí tedes a receita número 4: "Fideos con berberechos, ameixas e mexillóns". Deixámosvos os pasos a seguir e os ingredientes precisos para a súa elaboración.
INGREDIENTES (para 74 comensais):
Tempo de elaboración: 2,20 horas
Posibles fallos: exceso de cocción da pasta, mal lavado moluscos con areas.
Maquinaria e útiles: rondón, cazo, táboa, coitelos varios, marmita, colador chino.
Posibles variacións: calamar, chipirón, choupa, gamba...
✅ 3 quilos de fideuá.
✅ 6 quilos de ameixa chirla de cultivo local.
✅ 4 quilos de berberechos de Noia.
✅ 6 quilos de mexillón galego.
✅ 2 quilos de choupa galega.
✅ 3 dentes de allos.
✅ 100 dcl de AOVE.
✅ Unha pizca de pementa.
✅ 4 unidades de pemento vermello eco.
✅ 6 unidades de cenorias das feas.
✅ 4 unidades de porros en tempada.
✅ 4 litros de fumet.
✅ 6 unidades de tomates ecolóxicos.
✅ 10 unidades de cebolas ecolóxicas.
✅ 3 follas de loureiro.
PROCEDEMENTO:
Facemos sofrito coas verduras lavadas e cortadas, sal e pementa. Abrimos mariscos a parte, e engadimos estes ás verduras en sofrito trituradas. Cocemos pasta a parte e mesturamos todo xunto co fumet.
Non baixar de 65 grados e non retermalizar. Ollo con estar demasiado tempo a pasta no sofrito. Descartar bivalvos que non se abran. Servimos.
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com