INGREDIENTES (para 400 comensais):
Tempo de elaboración: 90 min
Alérxenos: apio
Método de cociñado: refrito/cocción
Observacións: elaborar previamente un caldo de verduras e setas.
✅10 quilos de arroz.
✅ 12 quilos de pavo.
✅ 3 quilos de setas.
✅ 150 gramos de allos.
✅ 2 quilos de cebolas.
✅ 800 gramos de allo porro.
✅ 600 ml. de AOVE.
✅ 2 litros de nata.
✅ 2 quilos de queixo da DOP Arzúa-Ulloa.
✅ 20 litros de caldo de verduras e setas.
PROCEDEMENTO:
Limpamos e cortamos as setas. Cortamos o queixo en anacos pequenos. Facemos un refrito de allo, porro e cebola. Engadimos o pavo e unha vez dourado e tamén as setas. Botamos o arroz e anacarámolo.
Mollamos co caldo de verduras. Sazonamos. Cocemos 10 minutos a lume medio e engadimos o queixo e a nata. Integramos a lume suave removendo con delicadeza. Deixamos repousar e servimos.
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com