INGREDIENTES (para 110 racións):
Tempo de elaboración: 45 minutos
Maquinaria e útiles: varios coitelos, puntilla, rondón, gastronorms e táboa de corte.
✅10 quilos de patacas.
✅ 22 quilos de pescado.
✅ 3 quilos de cogomelos.
✅ 3 quilos de cenorias.
✅ 5 dentes de allo.
✅ 100 ml de AOVE.
✅ Sal ao gusto.
PROCEDEMENTO:
En primeiro lugar, pelamos e cortamos as patacas en dados para despois cocelas no forno durante 35 minutos a 100º graos cun pouquiño de sal e AOVE.
De seguido, limpamos e cortamos a maruca en pezas duns 80 gramos cada unha, colocámolas nos gastronorms, sazonamos e ao forno durante 5 minutos ao vapor.
Por outra banda, cortamos en franxas as cenorias e os cogomelos e, cun pouco de sal e AOVE, salteámolas durante 15 minutos.
Para rematar, emplatamos facendo unha base de patacas coas verduras e o peixe por riba.
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com