Aquí tedes a receita número 9: "Orellas de Carnaval". Deixámosvos os pasos a seguir e os ingredientes precisos para a súa elaboración.


INGREDIENTES (para 12 comensais):

✅ 2 culleradas sopeiras de esencia de anís 

✅ 4 ovos

✅ 400 grs de margarina (derrétese no microondas ou ao baño maría)

✅ 1 pizca de sal

✅ Ralladura de 1 limón (opcional)

✅ 1 quilo de fariña

✅ 200 ml de nata para cociñar


PROCEDEMENTO:

Mestúranse ben todos os ingredientes ata obter unha masa homoxénea e que non se pegue. Facemos bólas pequenas e despois estiramos moi finas. Por último, fritimos en abundante aceite. Espolvoreamos azucre glass por encima.