Profesional da restauración, especializado en repostaría e integrante do panel de cata da IXP Mel de Galicia, conta cunha ampla traxectoria no sector da hostalaría. No seu percorrido profesional, foi gañador de diversos galardóns de cociña, así como diferentes recoñecementos. Entre eles, destaca o de “Embaixador da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide” outorgado polo concello de Melide.
Con máis dunha década compatibilizando o labor formativo e profesional, no ámbito da cociña, da repostaría e de diferentes eventos gastronómicos, conta cun amplo percorrido na realización de showcookings e divulgación de produtos, principalmente galegos, amparados polos diferentes selos de calidade da Xunta de Galicia.
Actualmente exerce como docente na especialidade de cociña e pastelería na consellería de educación, na rama de hostalaría e industrias alimentarias en FP.
A súa andadura comeza na escola de hostalaría de Santiago, CIFP Compostela, cursando estudos de cociña, pastelaría, panadaría e restauración. Consciente da importancia e do valor do produto, traballou en numerosos establecementos, destacando o seu paso pola cociña e repostaría francesa nun recoñecido restaurante da cidade de Reims.
Consciente do valor do produto autóctono e da súa divulgación, tamén é fiel defensor de saír a coñecer outras cociñas ou produtos, polo que viaxa de forma moi habitual e chegou a ser integrante do xurado no campionato do mundo de Panettone no ano 2021 en Milán.
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com