O colexio de Xunqueira de Ambía é un referente do rural onde a matrícula medra cada curso. Javier Pérez Gallego é o director que revolucionaba este centro fai, precisamente, 10 anos. Traballan con productos ecolóxicos de quilómetro cero e respectan, grazas ao traballo da cociña, aos nenos que teñen dietas veganas ou vexetarianas.
Director, equipo de cociña e responsable de comedor do centro |
Os escolares colaboran na recollida do comedor e cultivan os seus propios tomates e pementos na horta, que nutren co abono xerado en composteiros cos residuos orgánicos. Aprenden unha pauta de alimentación sa. O colexio prohibe traer comida e bebida do exterior para evitar produtos ultraprocesados e con azucres engadidos. Non se lle bota azucre ao leite e os alimentos non teñen glicosa engadida.
Javier Pérez ve agora culminado o obxectivo saudable que iniciou á súa chegada cos menús equilibrados. "Trátase de crear un hábito, evitar o sedentarismo e o consumo de produtos ultraprocesados. Fomentos todo o contrario, a cociña sa e a cultura gastronómica". O deseño baixo control do nutricionista de máis de 100 menús diferentes, inclúe recomendacións para que os estudantes manteñan esas pautas na casa. O centro fixo talleres de lectura de etiquetaxe.
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com