Alejandro Iglesias Vázquez, mais coñecido como Alex Iglesias, naceu detrás dunha barra dun bar familiar. A hostalería sempre formou parte da súa vida e é algo do que se sinte moi orgulloso.
Ao rematar, antes de regresar ao restaurante familiar, pasou cinco meses no restaurante Martín Berasategui, afianzando o seu gusto por ese estilo de cociña. Coa ilusión que levaba dentro, continuou a súa formación con nove meses en Mugaritz e outros nove no Celler de Can Roca. Deste xeito, puxo fin ao seu periplo formativo e regresou ao negocio familiar, onde se encargou de dirixir a cociña durante os seguintes doce anos.
Actualmente, atópase nun momento especialmente significativo da súa traxectoria: tras desvincularse do restaurante familiar, está centrado nun proxecto de restauración novo e íntimo. Ao mesmo tempo, ofrece un servizo de cátering e asesoramento para locais de hostalaría.
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com