Fran Sotelino, cociñeiro e asesor gastronómico con máis de 25 anos de experiencia no sector Horeca cunha frenética actividade profesional entre Galicia e Madrid. Trata de concienciar en cada unha das súas accións de que se poden elaborar pratos de alta cociña adaptándonos aos ingredientes que temos arredor das nosas casas, sobre todo da produción local ou dos produtos de tempada.



Despois de formarse e traballar en restaurantes de renome tanto nas illas como no territorio nacional, volveu a Galicia hai 10 anos e creou o seu propio proxecto de consultoría para axudar aos seus clientes a medrar dentro do mundo de Horeca. Actualmente inmerso en varios proxectos, cabe destacar o seu labor como asesor gastronómico na Cooperativa Condado Paradanta como impulsor de Requeixo, elaborador tamén dentro da nosa rede Slow Food en Galicia.


Soe apoiarse para os seus showcookings de Manuel Garea e Begoña Vázquez, dous grandes profesionais e amigos que tamén forman parte da nosa Comunidade Slow Food.